Ruta do Faro (Ons)

Media
1 hora
A pé
4 km
Circular
Inicio/Fin: Caseta de Información

Videointerpretación ruta da Ruta do Faro (Ons)

Unha empinada pendente conduce a Curro, o principal núcleo de poboación da illa. Tras atravesar a aldea, o itinerario continúa por unha pista de cemento que ascende suavemente ata o barrio do Cucorno, desde onde se ve a torre do Faro de Ons. Dado que está nun recinto pechado de acceso restrinxido, o camiño xira á esquerda, abandonando a pista, para rodear o Faro e gozar coas fantásticas vistas. Onda o heliporto (120 m) podemos contemplar unha magnífica panorámica do edificio do Faro, construído en 1926 e que, xunto ao de Sálvora, é un dos poucos que quedan en España atendidos por fareiros.
A ruta continúa cara a mar aberto, bordea a costa oeste e diríxese cara ao sur, ata a enseada de Caniveliñas. Desde a fonte que se localiza na parte máis baixa, un camiño permite regresar ao punto de partida.