A Muralla

Media
2 h
A pé
2,5 km
Circular
Parque Natural: Monte Aloia
Inicio/Fin: Alto de San Xiao

Esta ruta circular percorre toda a zona alta do Monte Aloia e discorre ao carón da Muralla Ciclópea. Destacan as vistas panorámicas que ofrece o camiño e unha vexetación completa, tanto autóctona como exótica. Aquí está situado o miradoiro coñecido como Celta.