Muíños do Tripes

Baixa/Media
1,30 h
A pé
2,5 km
Circular
Parque Natural: Monte Aloia
Inicio/Fin: Área Recreativa Circos (Pazos de Reis)

O río Tripes é un afluente do Miño que nace no Monte Aloia e fai de división natural das parroquias tudenses de Pazos de Reis e Randufe. A ruta ascende polas marxes do río salpicadas de muíños e atravesando bosques de ribeira de variada vexetación. O tramo de descenso, xa polo monte, conduce ao punto de inicio.