Castro Alto dos Cubos

Baixa
2 h
A pé
4,5 km
Circular
Parque Natural: Monte Aloia
Inicio/Fin: Frinxo

A ruta, de grande interese arqueolóxico, lévanos ao Alto dos Cubos ou miradoiro Cabeza de Francos, que toma o seu nome do barrio situado aos pés. Este punto ofrece unhas boas vistas sobre o río Miño. De percorrido circular, desde este alto báixase ata a pista de Trapa. Logo da poza de Trapa, a ruta sobe ata Frinxo de novo, cruzando por unha zona de frondosas.