Xornada sobre o mel

sábado, Abril 7, 2018 - 09:30
O Parque Natural das Fragas do Eume organiza o vindeiro sábado 7 de abril de 2018 un relatorio sobre o mel, impartido polos apicultores da Casa do Mel de Goente, os puntos a tratar serán: - A vida das abellas - A Colmea - Os produtos da colmea A xornada iniciarase ás 10:30 horas no Centro de Interpretación das Fragas do Eume Portal de Monfero (fronte o mosteiro de Monfero), dende as 10:30 e finalizará entorno ás 13.30 horas cunha degustación de diferentes tipos de meles. Os/as interesados/as en participar poden inscribirse de balde nos Centros de Interpretación das Fragas do Eume, tanto no portal Monfero como no Caaveiro, ou chamando ao 981 432 528 - 881 063 992 ou no formulario http://bit.ly/2slXbAU