Campo de traballo internacional de carácter ambiental no Parque Natural

luns, Xullo 17, 2017 - 11:15
Dos dias 19 ao 30 de xullo , 20 mozos e mozas participarán nun campo de traballo de carácter ambiental no Parque Natural Complexo Dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixan, os participantes procedentes de toda a xeografia española así como de Rusia e Francia , realizaran un programa de voluntariado neste espazo consistente en accións como erradicación de especies invasoras, información aos visitantes ou recollida de plásticos na zona Litoral. Este programa enmarcase no convenio de colaboración entre as Consellerias de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e Política Social.