Camiño da Pasada Vella

Baixa
1,30 h
A pé
4,5 km
Circular
Parque Natural: Fragas do Eume
Inicio/Fin: Torre de San Bartolomeu (Monfero)
O camiño parte das proximidades de Torre San Bartolomeu, bordea a Pena dos Mouros e chega ata o encoro de onde parte o túnel que alimenta de auga a central hidroeléctrica de Ventureira, un furado na montaña de máis de dous quilómetros de lonxitude e tres metros de diámetro. Volve sobre si mesma e regresa por unha derivación á esquerda ao lugar de Torre.
Esta senda pasa preto dunha das zonas de reserva do Parque Natural, polo que cómpre non desviarse do itinerario.

28/04/2017. Totalmente accesible e desbrozada.