Reservas da Biosfera

As Reservas de Biosfera foron concibidas non 1974 polo Grupo de Traballo do Programa sobre o Home e a Biosfera (MaB) da UNESCO para conciliar a preservación da diversidade biolóxica e dos recursos co seu uso sustentable. Constitúen lugares excepcionais para a investigación, a observación a longo prazo, a formación, a educación e a sensibilización do público, permitindo ao mesmo tempo que as comunidades locais participen plenamente na conservación e o uso sostible dos recursos. Considera que tamén constitúen lugares de demostración e polos de acción no marco das políticas de desenvolvemento rexional e de ordenamento do territorio.

Constitúen un elemento esencial do Programa MaB (Home e Biosfera) da UNESCO. Son áreas de ecosistemas terrestres, costeiros ou mariños nos que se promove a investigación, a observación a longo prazo, a educación ambiental e a sensibilización do público. Nelas, promóvese a conservación dos recursos naturais e o desenvolvemento económico e social das comunidades locais, tendo en conta todas as necesidades sociais, culturais, económicas dos seus poboadores, xunto cunha función de coñecemento científico e apoio loxístico, para alentar actividades de investigación, educación, formación para a conservación e o desenvolvemento sostenible.

Galicia conta con seis Reservas da Biosfera que representan o 25% do territorio da Comunidad Autónoma. Ademáis, unha delas é interautonómica (con Asturias) e outra internacional (con Portugal). As reservas son:

http://unesdoc.unesco.org/images/0018/001877/187732s.pdf

http://rerb.oapn.es/

http://www.unesco.org/new/en/natural-sciences/environment/ecological-sciences/man-and-biosphere-programme/