Camiño dos Corzos

Media
1 h
A pé
3 km
Lineal
Parque Natural: Fragas do Eume
Inicio: A Portela de Montelongo (Monfero)

Comeza no primeiro tramo da senda dos Cerqueiros, nunha zona de matogueira. No traxecto cruzaremos primeiro matogueira baixa de queiroas e toxos, unha zona de pasto e introducirémonos a continuación nunha fraga de carballos de bidueiros seguindo o antigo camiño que unía as aldeas de Teixeiro e Os Esterqueiros. O final lévanos outra vez á senda de Cerqueiros, moi preto do miradoiro da Carboeira.
18/05/2017. Accesible. Desbrozada e sinalizada.