Exposición "AVES DE GALICIA"

luns, Abril 17, 2017 - 10:30
DO 17 DE ABRIL AO 01 DE MAIO NO CENTRO DE INTERPRETACION (CASA FORESTAL) DO PARQUE NATURAL DO MONTE ALOIA A través desta exposición terás a posibilidade de coñecer as diferentes especies de aves que podes atopar en Galicia e os diferentes tipos de hábitats da avifauna da nosa comunidade. A mostra pretende tamén valorizar os recursos ornitolóxicos galegos e promover o gusto pola observación das aves, así como diversos consellos para aficionarse ao seu estudo e espertar unha actitude positiva. Os visitantes realizarán unha primeira aproximación ás aves de Galicia para un mellor coñecemento, aprecio e conservación das mesmas