Ana María Díaz López nomeada presidenta da Reserva da Biosfera Xurés-Gêrés

martes, Xaneiro 31, 2017

Este luns a Comisión da Dirección da Reserva da Biosfera Transfronteiriza Xurés-Gêrés mantivo unha xuntanza na que Ana María Díaz López foi nomeada presidenta da Reserva da Biosfera Xurés-Gêrés. A duración deste mandato será de dous anos pois a presidencia desta institución é rotatoria cun intervalo de 24 meses.

A Reserva da Biosfera Transfronteiriza Xurés-Gêrés abarca a serra do Xurés galega e portuguesa e da que a Xunta de Galicia é co-xestora co goberno portugués.