XA FLORECEN AS PRIMEIRAS ORQUIDEAS NO PARQUE NATURAL

mércores, Marzo 29, 2017 - 08:30
Comezan a florecer as primeiras orquídeas no Parque Natural: xa podemos ver a lengüeira (Serapias lingua) en flor, unha das especies de orquídeas máis abondosas de Galicia. Achégate a descubrilas!. Desde agora e ata o verán poderás gozar deste marabilloso espectáculo no noso parque, onde podemos atopar e fotografar boa parte das 16 especies de orquídeas presentes na provincia da Coruña. Lembra tamén que as orquídeas son moi sensibles á alteración do seu hábitat, polo que non debemos abandonar os camiños e pasarelas. A súa conservación tamén depende de ti.