COMEZO DA TEMPADA DE VISITAS GUIADAS AO PARQUE NATURAL

martes, Marzo 28, 2017 - 08:15
Visita de alumnos de Educación Social da Universidade da Coruña O 28 de marzo inauguramos a tempada de visitas guiadas ao Parque Natural do complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán cos alumnos e alumnas de 1º Curso de Educación Social da Universidade da Coruña, que viñeron acompañados pola súa profesora da materia de Educación Ambiental. A través desta visita afondaron na importancia da educación ambiental e da divulgación como ferramentas para a xestión dos espazos naturais protexidos. Os guías do Parque Natural guiáronlles a súa visita á exposición do CIELGA e a ruta polo itinerario do Camiño da praia.