Medio Ambiente destinará 500.000 euros á accións de protección ambiental do Xurés

xoves, Agosto 17, 2017

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio destinará case 500.000 euros ao longo deste ano para a posta en marcha de actuacións de protección ambiental no Parque Natural do Xurés.

Así, llo explicou a directora xeral de Patrimonio Natural, Ana María Díaz, á alcaldesa de Lobios, Carmen Yáñez Salgado, e representantes das Mancomunidades de Montes veciñais en Man Común, cos que mantivo unha reunión e na que lles trasladou que o obxectivos é garantir a conservación e a valorización da paisaxe tradicional galega deste parque. Sinalou que se trata do maior investimento realizado polo Goberno galego neste enclave desde o ano 2011, que blindará o seu patrimonio material e inmaterial e beneficiará a seis concellos da provincia de Ourense, isto é, Bande, Calvos de Randín, Entrimo, Lobeira, Muíños e Lobios.

Este esforzo inversor é froito do compromiso do Executivo galego pola protección e promoción deste parque natural, no que se desenvolverán traballos de recuperación dos elementos arquitectónicos tradicionais, así como de acondicionamento e sinalización das rutas de sendeirismo e mellora dos accesos e das áreas recreativas creadas na contorna do enclave.

Indicou que as obras serán diversas, pero cun denominador común que é a preservación do riqueza natural do parque e a posta en valor da paisaxe tradicional galega. A modo de resumo, en Lobios restaurase o forno de Guende, no que se cambiará a cuberta, se mellorarán as fachadas e solados, farase unha nova instalación eléctrica e introducirase carpintería de madeira; no de Muíños, a acondicionarase o sendeiro ecolóxico de 7 quilómetros de lonxitude que une as localidades de Xermade e Requiás e melloraranse dúas áreas recreativas, como son as do Encoro de Salas e do Corro Mouro.

No Concello de Entrimo, melloraranse os accesos ao espazo natural de Pozo Caído e valorizarase a área recreativa do muíño de Pontóns; e, por último, o no municipio de Bande, levaranse a cabo dúas actuacións cuxa finalidade é a recuperación dos fornos de Fontao e Pereira.

En Calvos de Randín, sinalizarase a ruta de sendeirismo existente entre as carballeiras de Castelaus e a Fervenza do Río Fírvida, xa dentro do termo municipal de Porqueira, mentres que, en Lobeira, actuarase nas rutas de Leboreiro-Cabreira e Mámoas mediante traballos de roza, recuperación de sendeiros, sinalización, adecuación de zonas de descanso e rampas para anfibios.

A todas estas actuacións hai que engadir o investimento para servizos e mantemento do parque natural, que suman uns 150.000 euros, entre os que destacan as rozas manuais e mecánicas, as actividades de divulgación e promoción, a organización dos campos de traballo e o inicio dos trámites para a adhesión á Carta Europea de Turismo Sostible.