Mina das Sombras

Alta
8 h
A pé
14 km
Lineal
Inicio: Ermida do Xurés (Vilameá)
Fin: Mina das Sombras
Seguindo a pista situada por riba da Ermida do Xurés, o camiño discorre pola beira do río Vilameá ata chegar á Mina das Sombras (7 km ida). Malia o nome da ruta, no percorrido escasean as zonas de sombra, dominando a vexetación de mato. A espectacularidade do val resáltase cos farallóns graníticos de Baltar e O Fitoiro. A ruta é lineal e remata na explotación mineira das Sombras, dentro da Zona de Interese Prioritario para a Conservación do Parque.