Corga da Fecha

Alta
3 h
A pé
3,6 km
Lineal
Inicio: Vila Termal de Lobios ou A Ponte Nova (miliarios)
Fin: Vila Termal de Lobios ou A Ponte Nova (miliarios)
Este sendeiro lévanos polo antigo trazado da Vía Nova romana, que unía Braga con Astorga. A uns 50 metros da ponte que cruza o regato da Corga da Fecha, o camiño ascende paralelo ao río, sendo posible bañarse nalgunha das pozas de augas cristalinas.
Aínda que non está sinalizado por ese lado, tamén é posible comezar a ruta nos miliarios da Ponte Nova. Neste caso, o camiño descende pola parte restaurada da Vía Romana XVIII e continúa ata 50 metros antes da ponte, onde novamente é posible encamiñarse ata a Cabaniña do Curro ou continuar cara a vila termal.