Río Vilameá

Baixa/Media
45 min
A pé
1,7 km
Circular
Inicio/Fin: Vilameá. Chégase pola estrada OU-312, que une a capitalidade de Lobios e o Parque Nacional da Peneda-Gerês. En Vilameá, tomando un desvío a man esquerda, xunto á capela de Santa Lucía comeza unha estrada que conduce ao inicio da ruta na ermida do Xurés
O itinerario discorre polas dúas marxes do río Vilameá, da conca do Limia. No percorrido visitamos ata doce muíños, algúns deles restaurados. Na metade da ruta, un camiño duns 450 metros conduce a unha alvariza, unha construción tradicional que protexe a colmea. Se tomamos este desvío de ida e volta, a dificultade do percorrido pasa a ser media-alta.
No transcurso da ruta é posible bañarse nas pozas do río.