I Jornada sobre el Grelo de Monfero

Viernes, Febrero 16, 2018 - 10:00
O Parque Natural das Fragas do Eume organiza o vindeiro sábado 17 de febreiro a primeira xornada sobre o Grelo de Monfero Valxestoso. A actividade contará coa presencia do Secretario da Cooperativa de Grelos de Monfero Valxestoso, Javier Silva, quen impartirá unha charla sobre este produto rico en nutrientes e tan característico da gastronomía autóctona. A xornada iniciarase ás 10:30 horas no Centro de Interpretación das Fragas do Eume (Portal de Monfero), que servirá de punto de encontro para os asistentes. Despois dunha visita a unha plantación de grelos, o percorrido finalizará entorno as 13.30 horas. Os/as interesados/as en participar poden inscribirse nos Centros de Interpretación das Fragas do Eume, tanto no portal Monfero como no Caaveiro, ou chamando ao 981 432 528 - 881 063 992.