Descobre os nosos Parques Naturais

Este é un percorrido de norte a sur, desde a costa cara ao interior, atravesando praias paradisíacas até chegar a bosques centenarios, pasando de clima atlántico a mediterráneo que motivan unha importante diversidade biolóxica e paisaxística. Ao longo do camiño atoparaste con lendas, monumentos históricos, flora autóctona e exótica ademais de todo tipo de especies de aves, mamíferos, peixes, invertebrados e réptiles. A túa fiel acompañante nesta viaxe será a beleza dunha Galicia non só verde e azul. Se aínda non coñeces a beleza que alberga a Rede de Parques Naturais de Galicia, animámoste a percorrela por calquera dos seus diversos itinerarios.

Últimas novas

Os Parques Naturais das Fragas do Eume e o Complexo Dunar de Corrubedo encabezan os puntos imán na Coruña cos que se quere dinamizar o patrimonio natural da contorna máis próxima

10/02/2017
  • A directora xeral de Patrimonio Natural presentou en rolda de prensa o Plan de promoción do Patrimonio Natural, co que se pretende atraer visitantes a paraxes que se atopan na mesma área de in

Medio Ambiente inicia a tramitación da nova Lei de Patrimonio Natural de Galicia, que actualizará a norma vixente desde 2001

03/02/2017

O Consello da Xunta aprobou o acordo para iniciar os trámites do anteproxecto lexislativo, co que se pretende levar a cabo unha protección transversal do patrimonio natural galego, modernizar a lex

Ana María Díaz López nomeada presidenta da Reserva da Biosfera Xurés-Gêrés

31/01/2017

Este luns a Comisión da Dirección da Reserva da Biosfera Transfronteiriza Xurés-Gêrés mantivo unha xuntanza na que Ana María Díaz López foi nomeada presidenta da Reserva da Biosfera Xurés-Gêrés.

A Consellería de Medio Ambiente presentará en Fitur o Plan de promoción e posta en valor do patrimonio natural de Galicia

17/01/2017

A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio visitará a 37ª edición da Feira Internacional de Turismo de Madrid, Fitur, onde promoverá o alto potencial turístico dos recursos

Medio Ambiente destina 4 millóns de euros á posta en marcha do primeiro Plan de promoción e posta en valor do patrimonio natural de Galicia

21/12/2016

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio destinará 4 millóns de euros á posta en marcha do primeiro Plan de promoción e posta en valor do patrimonio natural de Galicia.

O PARQUE NATURAL DAS FRAGAS DO EUME ACADOU OS 30.000 VISITANTES DURANTE O 2016

15/12/2016

Conseguíronse este ano a cifra de 30.000, sumando o portal Pontedeume e Monfero

Benvido a Parques Naturais de Galicia